I Torneo de Xadrez Lóstrego Concello do Porriño

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 8 de setembro. 2016
| Ás 20:00 h.
Praza de Antonio Palacios » ver mapa

Seguindo coa súa aposta pola práctica do Xadrez, o vindeiro xoves, día 8 o Concello do Porriño organiza o ‘I Torneo de Xadrez Lóstrego’, unha modalidade espectacular na que os participantes apenas contan con 5 minutos para xogar toda a partida.
O nervios e a emoción, por tanto, tomarán a Praza de Antonio Palacios, diante do Concello, o xoves, a partir das 8 da tarde. Ademais, comenta a concelleira de Educación, Lourdes Moure, “o torneo, que forma parte do Programa Municipal de Xadrez, servirá para aquelas veciñas e veciños que queiran anotarse ao novo Clube de Xadrez do Porriño poidan facelo”.


Cabecera-web-ecultura.png