II Concurso de Rondallas Concello do Porriño

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Mércores 1 de xaneiro. 2020
| Ás 18:00 h. (Apertura de portas ás 17:00 h.)
Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

II Concurso de Rondallas Concello do Porriño

II CONCURSO DE RONDALLAS CONCELLO DO PORRIÑO

Haberá 1.668 localidades dispoñibles para o público en xeral que se ocuparán por estricto orde de chegada desde a apertura de portas no Pavillón Municipal dos Deportes, a partir das 17:00 horas.

O tradicional certame de Rondallas que Porriño celebra cada día 1 de xaneiro adquiriu este ano rango competitivo. Así, a Concellería de Festexos publicou as bases que rexen o concurso, o prazo de inscrición rematou o día 13 de decembro.

Establécense tres premios, un primeiro de 1.500 euros, un segundo de 1.000 e un terceiro de 500. Así como tamén se fixaron uns requisitos para cumprir, como é o número de compoñentes de cada agrupación, que deberá estar entre 40 e 120; a limitación da participación a un máximo de dez rondallas ou a non interpretación de himnos oficiais de estados ou comunidades autónomas.

Previo ao comezo do concurso, e se o tempo permíteo, as agrupacións realizarán un pasacalles. Unha vez no pavillón, terán 12 minutos cada unha para realizar as interpretacións que estimen oportunas. O xurado valorará desde os instrumentos e a vestimenta empregados, ata o repertorio elixido, a evolución e coreografía en pista e o número de integrantes.


RETRANSMISIÓN EN STREAMING

Programado para o 1  de xaneiro de 2020, ás 18:00 h. Poderase ver en directo o II Concurso de Rondallas Concello do Porriño desde aquí:


ORDEN DE PARTICIPACIÓN DAS AGRUPACIÓNS NO
II CONCURSO DE RONDALLAS CONCELLO DO PORRIÑO

Tras o sorteo celebrado, establéceuse que a orde de actuación das rondallas participantes no ‘II Concurso de Rondallas do Concello do Porriño’ sexa a seguinte:

  1. Rondalla Centro Cultural de Torroso
  2. Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos
  3. Rondalla Mosteiro (Tui)
  4. Rondalla de Beade
  5. Rondalla de Bembrive
  6. Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios
  7. Rondalla da Asociación Cultural Musical de Pontellas

Solicitude de inscrición e bases reguladoras do II Concurso de Rondallas Concello do Porriño (prazo de inscrición pechado)

DESCARGA O DOCUMENTO AQUÍ ]


Calendario das Rondallas de Atio e Pontellas [ + INFO ]

cropped-CABECERA-WEB-ECULTURA.png