III Feira do Pan do Porriño

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Venres 1 e sábado 2 de xuño. 2018
Praza de San Benito » ver mapa

III Feira Pan do Porrino

A III Feira do Pan do Porriño celébrase os días 1 e 2 de xuño, venres e sábado, na Praza de San Benito.

O programa desta edición abrague unha importante variedade de propostas, entre elas maridaxes, “show cooking”, convinación do pan con produtos da zona, obradoiros para nenas e nenos, música e, coma novidade, o 1º Certame “Empanadas no Ring”, un concurso pensado para para coñecer cal é a mellor empanada das parroquias da vila – Atios, Budiño, Cans, Chenlo, Mosende, Pontellas, Porriño ou Torneiros -.

Os interesados e interesadas en participar neste concurso poden inscribirse de balde, ata o vindeiro mércores 30 de maio, mandando un correo ao enederezo electrónico comunicacion@acipor.es. O mesmo debe conter o nome de 5 integrantes do equipo que se presenta e o teléfono do ‘capitán ou capitana’ do mesmo, para poder comunicarse coa organización.

O programa da Feira empezará o venres, día 1 ás 19:00 h., coa apertura da mesma e a degustación, gratuita, de 200 racións de pan, xamón e cerveza artesán.

O sábado, día 2, os 15 postos da Feira, formados por 8 panaderías – Argibay, Amaquía, O Forno de Mosende, Chinchina, Panadería Torneiros, Los Milagros, Erundina e O Progreso – e 7 de diferentes produtos, coma marmeladas, cervexas, embutidos, viño, licores, mesmo o famoso Requeixo de As Neves, abrirán ás 10:00 h.

Ás 10:30 h. será o momento da “Animación na rúa”, coa actuación da Charanga OT. A mesma dará paso, ao mediodía, ao pregón, que este ano será a cargo da cociñeira porriñesa Marta Rodal, que compaxina o seu posto de directora da Escola de Cociña ‘O Xogo da Ola’, co traballo no Restaurante Jorge Lorenzo. No mesmo tamén intervirán o concelleiro de Comercio, Marceino Coto, e a alcaldesa, Eva García de la Torre.

Ás 12:30 h. empezará o show cooking”Maridaxes do Pan do Porriño con produtos artesáns”, a cargo das alumnas e alumnos da Escola EFA A Cancela.

Xa pola tarde, ás 17:00 h., empezará a xornada do”Mini Pan” co obradoiro infantil no que as cativas e cativos aprenderán a facer pan; ás 7 da tarde coñeceranse as gañadoras e gañadores do Certame “Empanadas no Ring” e ás 21:00 h. será a clausura da edición da Feira do Pan deste ano.


Organizan: Asociación de Panadeiros do Porriño e ACIPOR
Info extraída do blogue do Pan do Porriño » ligazón externa


III-Feira-do-Pan-do-Porrino

Programa-1-III-Feira-do-Pan-do-Porrino Programa-2-III-Feira-do-Pan-do-Porrino


Cabecera-web-ecultura.png