Inauguración Exposición AMI: “As Festas do Cristo”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 15 de setembro. 2016
| Ás 20:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa

cartel-exposicion-ami

Os días 24 e 25 de setembro, o Centro Cultural Municipal abre en horario extraordinario, para facilitar a visita á exposición: de 12:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 19:00 h.

AS FESTAS DO CRISTO DOS ÚLTIMOS CEN ANOS NUNHA EXPOSICIÓN QUE SE INAGURA ESTE XOVES NO PORRIÑO

70 fotografías, pertencentes ao Fondo de Imaxe Municipal, e tomadas nos últimos cen anos, son o tema central da exposición que se inaugura este xoves, día 15, ás 8 da tarde, no Centro Cultural Municipal, baixo o título “As Festas do Cristo do Porriño”, e que son unha das partes centrais do programa das Festas do Cristo deste 2016.

Precisamente, esta festividade, é a máis importantes do ano para os veciños, son o núcleo desta exposición que bota unha ollada á celebración do Cristo, con imaxes de 1913, 1915, das décadas do 20, 40, 50, e seguintes do século pasado.
Acompañadas con textos explicativos, a exposición, que estará aberta ata o 7 de outubro, amosa a evolución da Festa do Cristo, das procesións, co seu “carro triunfante”, no que se trasladaba a imaxe, dos costumes, o xeito de vestir, dos músicos, os xigantes, os cabezudos, os cativos e toda a escenografía ao redor dunha tradición que chega coa mesma forza e o mesmo interese ata os nosos días.


Cabecera-web-ecultura.png