IV Challenge As Rías Baixas 2020

| Sábado 29 de febreiro e domingo 1 de marzo. 2020
| Guláns (Ponteareas), Mos e Porriño

IV Challenge 2020


IV Challenge As Rías Baixas 2020

Datas do evento: 29.02.2020 / 01.03.2020
Data límite inscrición: 26.02.2020, ás 23:59 h.
Organizador: Master da Louriña C.C.
Modalidade: Ciclismo Carreteira
Distancia: 7,8 Kms. CRI, 81 kms, 77,7 Kms.
Lugar: Guláns (Ponteareas), Mos y Porriño
Límite de inscritos: 200

IV CHALLENGE AS RIAS BAIXAS está reservada para as categorías M30, M40, M50, M60 JUNIOR E FEMINAS MASTER.

1º ETAPA “GRAN PREMIO DE PONTEAREAS”, contrarreloxo individual de 8 km. no parque de Avisoureira, en Gulans, desnivel acumulado 120 m.

2º ETAPA “GRAN PREMIO DE MOS”, etapa en liña de 6 km. neutralizada + 81 de carreira, desnivel acumulado 1.000 m.

3º ETAPA “GRAN PREMIO DO PORRIÑO”, etapa en liña de 14.4 km. de neutralizado + 77,7 km. de carreira, 973 m. de desnivel acumulado.


Condicións

A proba rexerase por unha clasificación por tempo investido das 3 etapas que consta a Challenge. O número de participantes está limitado a un máximo de 200 corredores (federados). Para a categoría de Junior reservásense 30 prazas cun depósito de 3 euros que se abona na retirada de dorsais. O resto de prazas para Junior dependerá da dispoñibilidade. Para a categoría master resérvanse 170 prazas cun custo de 15 euros por etapa, sendo 45 o total das 3 etapas. Terán preferencia na reserva de prazas, a hora da inscrición e o numero de etapas a disputar, dando prioridade aos corredores que corren 3 etapas, logo 2 etapas e finalmente 1 etapa. Aos corredores que queden fora da lista devolveránselle o 100% do ingresado. A inscrición é a través da páxina www.magmasport.es
O custo da inscrición no día é de 20 euros por etapa.


Identificación dos corredores

Cada participante recibirá coa inscrición, dous dorsais, un tríptico coa información do rutómetro e un dorsal de plástico de identificación na bicicleta. É obrigatorio o uso dos dous dorsais e a identificación da bicicleta en cada etapa en liña e o chip nas tres etapas. Na hora da inscrición, será obrigatorio o depósito da licenza ou o DNI do corredor. Unha vez finalizado o evento devolverase coa devolución dos dous dorsais.


Oficina permanente

Abrirase a oficina permanente dúas horas antes da saída de cada proba nos locais próximos debidamente habilitados e sinalizados.


Composicións e clasificacións por equipos

Non existe límite máximo de corredores por club. Para poder contar con vehículo de apoio de equipo son necesarios un mínimo de 3 corredores. A clasificación por equipos, consta da suma dos 3 primeiros de cada equipo en cada etapa. En caso de empate, resolverase a favor do que obtivese mais primeiros postos na clasificación diaria por equipos. É obrigatorio realizar o control de firmas antes da saída en cada proba. O corredor que non o realice pode quedar descualificado segundo o regulamento da RFEC.


Radio volta

A información da carreira emitirase nunha frecuencia nas emisoras facilitadas pola organización.


Xeral Premio da Montaña, Meta Volante e Sprint Especial

Obterase pola suma dos puntos conseguidos por cada corredor nos pasos puntuables. En caso de empate resolverase a favor de quen conseguise mais primeiros postos nos pasos puntuables. De seguir empatados será a clasificación xeral quen determine ao gañador.

Os puntos conseguidos en cada paso puntuable son:
Posto Puntos > 1ª 3 – 2ª 2 -3ª 3


Premio da combinada

Establécese a clasificación da regularidade, pola suma de puntos conseguidos nos pasos de Métas Volantes, Montaña e Sprint Especial. En caso de empate en puntos resólvese por mellores postos nos devanditos pasos e de seguir empatado será a clasificación xeral quen determine o gañador.


Protocolo

Ao final de cada etapa os corredores deben presentarse en pódium con vestimenta de competición para a cerimonia protocolaria.


Premios

  1. Un trofeo aos 3 mellores clasificados de cada categoría en cada etapa coa súa correspondente camisola de líder.
  2. Un trofeo artesanal ao gañador de cada gran premio en cada etapa co seu ramo de flores.
  3. Un trofeo + camisola aos gañadores dos premios MV SE PM e COMBINADA de cada etapa.
  4. Un trofeo aos gañadores por equipos en cada etapa.
  5. 3 trofeos, camisola e xamón aos 3 finalistas da xeral de cada categoría.
  6. 1 trofeos aos 3 primeiros equipos da xeral. Ao gañador levase unha barra de pan de 2 m coa súa correspondente botella de viño.
  7. Un trofeo + camisola + xamón aos líderes da xeral dos premios MV É REGULARIDADE E PM
  8. TROFEO+CAMISOLA EXCLUSIVA Ao GAÑADOR DA XERAL

Penalizacións

Aplicarase o baremo de sancións da RFEC. Todos os casos non previstos no presente regulamento serán resoltos polo regulamento UCI.


INSCRICIÓNS (prazo pechado) »[ ligazón externa ]


IV Challenge 2020


Cabecera-web-ecultura.png