IV Feira do Pan do Porriño

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Sábado 1 e domingo 2 de xuño. 2019
Praza de San Benito » ver mapa
| Organiza: Asociación de Panadeiros do Porriño e ACIPOR

IV-Feira-do-Pan-do-Porrino

Porriño volve a reivindicarse como “a capital galega do pan” co gallo da IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño.

Haberá 16 stands que acollerán ás oito panaderías de Porriño así como a diversas marcas e produtos convidados. Abrirán o sábado 1 de xuño ás 10:00 h. aínda que o pregón inaugural será a mediodía a cargo de Carlos Alvarez. Ese mesmo día, a Feira albergará un “show cooking” mediante maridaxes de pan de Porriño con diferentes produtos en diversas posibilidades culinarias a cargo do centro EFA A Cancela de As Neves.

Habilitarase tanto o sábado como o domingo unha carpa na Feira para que o público que o desexe poida xantar alí.

De novo a Feira do Pan do Porriño celebrará un certame alcumado “Empanadas no Ring” que tivera moita sona cando incorporouse o ano pasado.

O domingo día 2, Acipor e os panadeiros porriñeses propoñen que todos os veciños e veciñas dispostas acudan a un almorzo “Brunch” con Pan do Porriño (prezos: 5 € adultos; 3 €, infantil). Tamén na última quenda da Feira terá lugar a “Cata de pans convidados” na que se medirán pans de Porriño, Cea, da Moa, Fisterra e o portugués Broa de Avintes.


IV-Feira-do-Pan-do-Porrino-1

IV-Feira-do-Pan-do-Porrino-2


IV-Feira-do-Pan-do-Porrino-cartel


Cabecera-web-ecultura.png