IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Porriño 2020-2024. Resumo 1º parte

IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Porriño 2020-2024

Desde a Concellería de Igualdade continuamos co compromiso de difundir o IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Porriño 2020-2024; que foi aprobado por unanimidade no Pleno do 27 de febreiro, e presentado á cidadanía o 11 de marzo.

Esta é unha versión resumida onde se dan a coñecer as medidas a realizaren no 1º semestre deste ano 2020; que se irá completando coas medidas seguintes, 2º semestre do ano e así sucesivamente, segundo a cronoloxía do plan.

Botón descarga o documento


Este IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes aborda 7 eixes de intervención con 54 medidas de acción, como son:

  • A Promoción da Igualdade na Política Municipal.
  • Emprego e Conciliación da Vida Persoal, Laboral e Profesional.
  • Coeducación, deporte e calidade de vida.
  • Urbanismo, Mobilidade e Seguridade.
  • Atención a situacións de vulnerabilidade.
  • Empoderamento e participación.
  • A Violencia de Xénero.

Cabecera-web-ecultura.png