Lectura dramatizada. Obra: “Arquivos da Realidade”

| Mércores 3 de xullo. 2019
| Ás 21:00 h.
| Público: adulto
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Arquivos da Realidade

Unha lectura dramatizada de “Arquivos de realidade”, de Francisco Oti e Julio Fer, a cargo da escola de teatro Xerpo, dirixida por Irene Moreira e organizada en colaboración coa Erregueté.

A peza “Arquivos da realidade” resultou finalista do premio Abrente para textos teatrais no 2015. Francisco Oti e Julio Fer escribironen colaboración este texto despois da boa experiencia que tiveran con “Lingua de Lata”, un texto para público miúdo.

Unha peza que trata o nacemento do cinema galego e a represión que tivo que sufrir na decadencia do réxime franquista, de cando a idea da reconciliación nacional e a legalización dos partidos políticos convivía cos derradeiros alentos do ditador.

Trátase dunha peza coral na que colabora o alumnado da escola de teatro de Xerpo, con moitos planos que se conxugan no tempo.


Compañía: Alumnado da escola de teatro de Xerpo

Promove: ERREGUETÉ (Revista Galega de Teatro)

Dirección: Irene Moreira

Creación: Julio Fer e Francisco Oti

Público a quen vai dirixido: adulto


Cabecera-web-ecultura.png