Mago Martín Camiña

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| En sustitución de Mago Teto
| Sábado 23 de setembro. 2017

| Ás 17:30 h.
Carpa do Roxy » ver mapa

Mago Martín Camiña. O Porriño

No ano 2002 acada o 3º Premio Nacional de Maxia con cartas. Empresas, concellos, congresos, convencións, etc., fan que teña que afrontar unha nova revelación: adicarse enteiramente a esta arte, (ano 2005). Tamén recibe o 3º Premio, nos congresos de Almussafes – Valencia e na Albufeira, Portugal: Congreso da Asoc. Portuguesa de Ilusionismo, (ano 2007). Maxias de preto, con cartas, moedas, dados, navallas, etc., e maxias de escena, con grandes ilusións, escapismo, cordas, etc., fan que produza diversos espectáculos. Un deles “45 x 35” adicado á maxia de preto, e outro, “Feitizo” á de escena. Leváronse polos auditorios e teatros de todos os concellos.

No 2009 estrearon “A Outra Realidade”, espectáculo máxico-teatral de grande formato. Narra un percorrido máxico a través da ciencia. Para a súa produción contaron cunhas 30 persoas: elenco, directores, guionistas, compositores musicais, deseñadores de iluminación, de vestiario, de escenografía, técnicos, etc. Esta estrea significou un novo xeito de crear espectáculos de maxia, un novo xeito de produción, en definitiva….unha nova revelación.

2010-2011: Presidente da Asociación de Magos Profesionais de Galiza.

Para chegar a día de hoxe, con espectáculos que mesturan a sorpresa, o teatro e a música ao vivo, “Transformando o Presente” ou “Corcheas, Semifusas e Ilusións.”, a maxia en exterior cun camión escenario, “Encantamentos de Rúa”, e a maxia e os guións da ilusionista Fani Triana, cos seus espectáculos unipersoais: “Fantasía dos Sentidos” e “Maxia pola Igualdade”. As creacións de guións máxicos adaptadas a situacións especiais, tamén son un dos actos senlleiros na actualidade: Visitas Máxicas Guiadas en museos, por exemplo, ou presentar entregas de premios con ilusións tematizadas.

Tamén participacións con compañías de danza, coma no Quebranoces, do Centro Coreográfico Galego.

Máis información sobre Mago Martín Camiña, na súa web » ligazón externa

Mago Martín Camiña


Cabecera-web-ecultura.png