Mago Teto. “Novas Tolemaxias”

| Luns 9 de xullo. 2018
| Ás 20:00 h.
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Mago Teto. Festas do Cristo 2017. O Porriño

O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa (como O Afiador) ou de gran formato para teatros (A Maxia da Santa Compaña) e todoterreos como o seus clásicos ʻTolemaxiasʼ e “Perto de Ti”.

Coorganizador de festivais de maxia en diversos puntos da xeografia española.

Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

Despois de tres anos xogando con outras artes escénicas nos seus espectáculos, como a música en directo, o teatro, a danza… na “Maxia da Santa Compaña” e “O Afiador”, retorna a esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novidosos tocando todas as disciplinas da maxia (dende efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación…) sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla.


Mago Teto. Festas do Cristo 2017. O Porriño


patrocinio-xuntaCabecera-web-ecultura.png