Merca na rúa. XXI Feira de Oportunidades

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Sábado 7 de setembro de 2019, de 10:00 a 21:30 h.
| Domingo 8 de setembro
 de 2019, de 11:00 a 20:30 h.
Centro urbano, rúa peonil » ver mapa

Merca na rúa. XXI Feira de Oportunidades

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño ( ACIPOR) organiza a XXI edición da feira de oportunidades “Merca na rúa” que se celebrará a primeira fin de semana de setembro, os días 7 e 8, na zona peonil do centro urbano.

En horario ininterrumpido ambos días, o sábado día 7 a feira dará comezo ás 10:00 ata ás 21:30 h. e o domingo, permanecerá aberta de 11:00 ás 20:30 h.

Ademais, haberá inchables os dous días e un contacontos infantil o domingo, a partir das 18:00  h.

Vintecinco establecementos de Porriño e concellos limítrofes participaran nesta edición de “Merca na Rúa, Feira de Oportunidades”. Haberá 28 stands (algunhas das firmas doblan) que ofrecerán descontos de ata o 80%, xa que a intención é liquidar os restos da tempada.


Cabecera-web-ecultura.png