Mercado de Nadal

ACTUALIZACIÓN: novas datas

| 14 de decembro • De 11:00 a 20:00 h. • Barrios de San Benito e San Sebastián
| 15 de decembro • De 11:00 a 20:00 h. •Rúa peonil
21 de decembro • De 11:00 a 20:00 21:00 h. • Rúa peonil Carpa do Roxy
|
 22 de decembro • De 11:00 12:00  a 20:00 h. • Rúa peonil Carpa do Roxy
| 28 de decembro • De 11:00 a 20:00 h. • Rúa peonil
| 29 de decembro • De 11:00 a 20:00 h. • Rúa peonil
| 4 de xaneiro • De 11:00 a 20:00 h. • Rúa peonil

Mercado de Nadal. Concello do Porriño

Despois de dous aprazamentos causados polas borrascas destas últimas semanas, haberá Mercado de Nadal os vindeiros días sábado 28, domingo 29 e 4 de xaneiro. Celebraráse na rúa peonil en horario de 11:00 a 20:00 horas, para os tres días.

Mercado de Nadal é unha iniciatica da AAVV de San Benito e San Sebastián que conta co apoio do Concello do Porriño que inclue esta actividade na programación de Nadal. Deputación de Pontevedra, a Asociación de Loita contra o Cancro, “Ekohuerta”, a protectora de animais do Porriño “Lena” e a Asociación “Baas Galgo” colaboran con esta iniciativa solidaria e sostible.


A historia dos Mercados de Nadal remóntase á Idade Media, na Europa xermánica, foi o mercado de Nadal de Dresde o primeiro mercado do Nadal do que se ten constancia, no ano 1.434. Nos anos seguintes xorden xa outros mercados de Nadal noutros lugares de Alemaña e centro Europa, destacando os mercados de Nadal de Alemaña, Austria e Alsacia.

Neste Nadal, O Porriño súmase a esta tradición e terá o seu propio mercado de Nadal. Estes mercados de Nadal colócanse tradicionalmente durante a época de Advento. Antigamente, o que se pretendía con estes mercados ou mercadillos de Nadal era conseguir un lugar cálido para dar acubillo aos habitantes do lugar e soportar mellor o frio inverno, lugares onde se servía viño quente, anís…, posteriormente converteuse en tradición, e na actualidade moitas das prazas principais de pobos e cidades teñen o seu mercado de Nadal propio, prazas convertidas en galerías comerciais ao aire libre, o colorido, os cheiros, as sensacións son únicas e apropiadas a estas datas do Nadal.


Mercado de Nadal_ 4 de xaneiro

Mercado de Nadal_ 28 e 29 de decembro


Cabecera-web-ecultura.png