Monólogo de Hermen&Gildo: “Ler o prospecto antes de…”

| Sábado 22 de agosto. 2020
| Ás 20:30 h.
Círculo Recreativo e Cultural do Porriño » ver mapav

Monólogo Hermen&Gildo


A Concellería de Cultura, sendo coñecedora de que a situación da pandemia da Covid-19, fixo que moitas das actividades culturais das parroquias e barrios fosen canceladas, e mantendo contacto coas asociacións da veciñanza, faise unha proposta programática, coas garantías de seguridade sanitaria, favorecendo a dinamización cultural á vez que se potencian os recursos dos artistas locais.


Ler o prospecto antes de…

Un proxecto de Solovoz a cargo do artista Hermen&Gildo, un monólogo sobre Diversidade e Igualdade.

Un monólogo novedoso, que ten como obxectivo visibilizar a existencia de micromachismos, que son actitudes e comportamentos machistas moi arragiados na cotianeidade do noso día a día e precisamente a normalización desas actitudes tan asentadas as que perpetúan a desigualdade, a discriminación e a violencia de xénero. Tamén se fai fincapé en comportamentos homófobos, tránsfobos, xenófobos, etc.

Hermen&Gildo é un home que por órden xudicial ten que facer servicios á comunidade. Dende o CIS Carmen Avendaño enviáronno ó CIM de Mos facer un curso de Diversidade e Igualdade con tolerancia e respeto. Leva dúas semanas de cursillo é tan a gusto se atopan que se lles ocorreu ir impartir a súa vivencia polos bares de Mos, para que se alguén lle ocorre o mesmo, tamén se anote no curso.

Hermen&Gildo é pai dun rapaz transexual, e cóntanos que todo é moitísimo máis doado do que pensaba…


Monólogo de Hermen&Gildo: "Ler o prospecto antes de...”


Cabecera-web-ecultura.png