Noite de humor: Avelino González & Isabel Risco

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone

ACTUALIZACIÓN: Por previsión de choiva trasladarase ao Centro Cultural Municipal

| Venres 9 de agosto. 2019
| Ás 22:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Noites de humor

A noite de humor trae a O Porriño a dous grandes actores, Avelino González e Isabel Risco, eles serán os encargados de encher de sorrisos o Centro Cultural Municipal.


Avelino González: contos de contrabando

A  realidade sempre supera á ficción. E canto mais lóxicos e razonables queiramos ser, mais perto estaremos de ser absurdos. A veces é dificil establecer o límite entre o verdadeiro e o falso cando nos contan algo que fixo un veciño, un coñecido ou algún bípedo con capacidade razonadora.

Por iso gusta de imaxinar que podería pasar se a alguén se lle cumprira un soño, se levaramos a realidade á súa coherencia mais extrema. Así saen historias verdadeiras e falsas, oídas e inventadas, tenras, graciosas, picantes, subversivas… depende.

É actor, é un dos seus oficios. Gústalle o teatro e o circo, de onde colleu a única norma, regla ou lei que me parece válida nesta profesión: A un actor, a un contador, todo lle está permitido, agás aburrir.

Coñecido polo seu papel televisivo de “Miñato” na  serie Pai Casares da Televisión de Galicia e pola súa participación en “Seis Hermanas” para TVE1.


Isabel Risco: Nabiza Girl

Isabel Risco é unha das mellores cómicas do momento. Ben coñecida polos seus múltiples traballos no audiovisual (Tourilandia, Land Rober, Air Galiza, series como A Vida por Diante, Padre Casares, Nordés, Augas Quentes, Era Visto…pola que recibiu o Premio Mestre Mateo 2014).

En Nabiza Girl vémola na súa esencia, en estado puro, traballando o humor mais galego dende o clown cunha enerxía insuperable. Un bo e completo espectáculo cun ritmo trepidante e moitas, moitas gargalladas aseguradas…

Nabiza Girl, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e poderes que proveñen do sulfato!


Patrocinio Deptación de PontevedraCabecera-web-ecultura.png