Novo horario da Sala de Estudo Municipal

DEBIDO Á ALERTA VERMELLA POR COVID-19 NO PORRIÑO, A SALA DE ESTUDO PERMANECERÁ PECHADA ATA NOVO AVISO

| De luns a venres. 2020
| De 8:30 a 14:00 h. e de 15:00 a 20:30 h.
Centro Cívico Municipal » ver mapa
Sala de estudo do Porriño

A sala de estudo vén de ampliar o seu horario de apertura: de 8:30 a 14:00 h. e de 15:00 a 20:30 h., de luns a venres, e coas garantías de seguridade sanitaria oportunas pola COVID-19.

O día 9 xuño, a Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira abriu as portas da primeira sala de estudo do concello, situada nas instalacións do centro cívico na rúa Domingo Bueno 13.

Este espazo vén complementar á biblioteca municipal, coñecida polo seu labor e sentido de pertenza tanto de porriñesas e porriñeses, como da contorna.

Esta separación de espazos con funcións diferenciadas, da solucións, tanto ás persoas que buscan un lugar para estudar comodamente e en silencio, e a biblioteca municipal recupera o seu espazo para implementar os servizos bibliotecarios a todas as persoas que queiran gozar do fondo bibliográfico, facendo deste goce un agradábel convite.

En definitiva, preténdese converter a biblioteca nun lugar polivalente que non exclúa ningunha posibilidade, sendo máis atractiva, e con diversidade nos espazos.



>> Visita a web da Biblioteca Municipal do Porriño <<


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png