O Pinchorriño. XIV Xornadas de degustación de pinchos do Porriño

| Venres e sábados de novembro. 2019
| De 19:00 a 23:00 h.
| Establecementos hostaleiros da vila

O Pinchorriño. XIV Xornadas de degustación de pinchos do Porriño

Finalmente serán 36 os establecementos que participarán no vindeiro mes de novembro na 14ª edición do Pinchorriño. Este evento gastronómico, organizado por ACIPOR e apoiado polo Concello, está prantexado para promoción da hostalaría local, contribuir a desestacionalización do turismo e que siga a ser un reclamo para visitantes do resto da área metropolitana.

Como é habitual a oferta de tapas será os venres e sábados de novembro, entre as sete da tarde e as once da noite, cun prezo mínimo de consumición de 1,50 €.

Os clientes que participen recibirán unha papeleta. Por cada catro consumicións selladas nos establecementos participantes poderán concurrir nun sorteo que este ano repartirá catro cheques compra no comercio local por importe de 100 € cada un, e ademáis, como novidade, unha cesta de productos que regala “El Ultramarino”, valorada en 150 euros.

Participarán nesta edición: Adega de Montero Vinoteca, Amaquía, Argentino 2, Bar Celtiña, Café Bar Adèle, Cafetería El Pincho, Cafetería El Sol, Cafetería O Porriño, Cafetería Pastelería Seijo, Cafetería Platinum, Cólleo con Pinzas, Deja vu, Don Kebab, El Alambre del Abuelo, Elcincuentaicinco, El Rincón de Unai, El Ultramarino, Hamburguesería Fran, La Bici, La Cueva, La de Chato, La de Evi Tapería, La Pantera, Liceum, Los Milagros Panadería, Maloserá, Mesón Mondariz, Millenium 33, O Xantar de Pepa, Paso a Nivel, Saspi, Scala, The Classic-La Abuela Rokera, Telepizza e Zentral.

Organiza: ACIPOR. Colabora: Ahospor. Patrocina: Concello do Porriño


O Pinchorriño 2019

O Pinchorriño 2019


Cabecera-web-ecultura.png