O Porriño Azul. Día Universal do Neno 2020

| Venres 20 de novembro. 2020
| De 19:00 a 22:00 h.
Concello do Porriño » ver mapa

O Porriño Azul. Día Universal do Neno 2020

Desde a Concellería de Educación e a OMIX de Porriño, faise partícipe ao noso municipio da celebración do Día Mundial do Neno desenvolvendo a acción “Porriño Azul”.

O 20 de novembro , desde as 19:00 ata as 22:00 horas, a casa consistorial do Concello do Porriño quedará alumeada en cor azul como adhesión ao Día Universal da Infancia, unha acción promovida pola UNICEF.

O Día Universal da Infancia ou Día Mundial do Neno, serve para concienciar á poboación de todo o mundo de que os nenos son o colectivo máis vulnerable, sobre todo, ante situacións de crises e problemas. Este día mundial lembra que os nenos teñen dereito a estar seguros, protexidos, teñen dereito á saúde e á educación, independentemente do lugar no que nacesen.

Dedicar un día internacional á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial ás necesidades dos máis pequenos, e para recoñecer a labor das persoas e profesionais que traballan a favor dos nenos e nenas.

Pola tanto, o Consello Local de Participación da Infancia e Adolescencia do Porriño e o Concello do Porriño como Cidade Amiga da Infancia, queren que este día sexa unha oportunidade para crear conciencia nas escolas e na sociedade en xeral, de que a infancia é unha etapa da vida irrepetible e crucial e que hai que conseguir que todos os nenos e nenas estean protexidos, seguros, con saúde e educación, independentemente do lugar do seu nacemento.


O Porriño Azul. Día Universal do Neno 2020

O Porriño Azul. Día Universal do Neno 2020


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png