Obradoiro de ciencia para escolares

| Todos os martes e xoves de novembro. 2019
| De 11:15 a 12:45 h.

Biblioteca Municipal do Porriño Municipal » ver mapa
| Actividade concertada cos centros escolares do Porriño

Obradoiro de ciencia para escolares

Obradoiro de divulgación científica con motivo da conmemoración do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.

A Biblioteca Municipal do Porriño aproveita este mes de novembro para difundir os seus recursos no ámbito científico, para dar a coñecer figuras galegas importantes no mundo da ciencia e para levar a cabo este curso de ciencia para escolares.
Dende o 2014 ven propoñéndose a celebración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, tamén nas bibliotecas escolares.
Cada ano pídese a un científico ou a unha científica do país a redacción dun manifesto que se edita e distribúe a través dos medios web das bibliotecas. A científica Alicia Estévez Taranzo, microbióloga, académica da RAGC e da RAFG e premio María Josefa Wonenburger Planells (2018), foi a encargada de escribir o manifiesto deste ano. A científica resalta a importancia das bibliotecas “para que moitos dos coñecementos rigorosamente contrastados sexan accesibles ao público”.


Manifiesto mes da ciencia

[Click en la imagen para ampliar]


>> Visita a web da Biblioteca Municipal do Porriño <<


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png