Obradoiro de igualdade de xénero: “Mulleres revolucionarias”

| Mercores 16 de outubro. 2019
| Ás 12:00 h.

Biblioteca Municipal do Porriño Municipal » ver mapa
| Pensado para nenas e nenos de 6-12 anos (máximo 30 participantes)
| Entrada libre e de balde ata completar aforo
> Patrocina: Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero | Ler conta moito

Obradoiro de igualdade de xénero: "Mulleres revolucionarias"

Un obradoiro a cargo da Asociació Cultural Urbana Taller Abierto e patrocinado por: Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero e Ler conta moito.

Obradoiro de creación plástica a partir da semblanza dunha serie de mulleres da historia da arte, a ciencia e a sociedade que tiveron a forza e a valentía para realizar cousas verdadeiramente impresionantes, loitando pola independencia e a igualdade.

As mulleres constitúen a metade da poboación mundial e a historia da humanidade está chea de mulleres que se atreveron a dar o primeiro paso para que os seus iguais sigan avanzado e rompan os esquemas impostos xeración, tras xeración.

Neste obradoiro imos darlle vida a quen axudou a ampliar as fronteiras dos dereitos das mulleres, superando as diferenzas de xénero nun contexto nada doado.


>> Visita a web da Biblioteca Municipal do Porriño <<


Patrocinio: Pacto de EstadoContra la Violencia de Género, Ler Conta Moito e Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png