Obradoiro para mulleres “Colga o teu mandil”

| Días 2 e 3 de marzo. 2020
| De 18:00 a 20:30 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Obradoiro de mandís. Colga o teu mandil

Organiza: Concellería de Igualdade

Actividades programada polo Concello do Porriño co gallo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller. Tratase dun obradoiro para mulleres titulado “Colga o teu mandail”, con entrada libre e de balde ata completar aforo.

Na actividade que durará ata as 20:30 h., as mulleres participantes axeitarán mandís con frases ou lemas reivindicativos que logo serán colgados na zona peonil.

Os lemas deberán encaixar co enfoque reivindicativo deste ano para 8M a propósito da economía dos coidados, da carga de traballo que soportan as mulleres na atención aos dependentes, maiores e crianzas, e a necesidade da corresponsabilidade no fogar.


Cabecera-web-ecultura.png