Obradoiros de vimbios “Cabana de vimbio”

| 1ª Quenda: sábado 10 de outubro, de 17:00 a 20:00 horas.
| 2ª Quenda: domingo 11 de outubro, de 10:00 a 13:00 horas.
| 3ª Quenda: sábado 17 de outubro, de 17:00 a 20:00 horas.
| 4ª Quenda: domingo 18 de outubro, de 10:00 a 13:00 horas.
| Require inscrición previa
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Público familiar

Obradoiros de vimbios "Cabana de vimbio"

Un obradoiro a cargo de Julia de la Cal


Neste obradoiro construirase unha cabana de vimbio. Aplicarase a cestería intuitiva, unha técnica de tecido ao azar, tamén chamada ‘técnica niño’ xa que se inspira na natureza: en como os paxaros tecen os seu niños. Desta maneira crearase un volume de gran tamaño que conformará a cabana.
Todas as persoas poderán achegar o seu gran de area, sen precisar coñecementos previos en cestería, e así, ser capaces de tecer e entrelazar varas de vimbio para conseguir ao final do obradoiro a cabana realizada entre as persoas participantes.


  • Máximo 10 persoas por quenda.
  • Cada quenda é un obradoiro independente.
  • Ao tratarse dunha actividade colaborativa tentarase que participe o maior número de persoas posibles, elixe unha quenda preferente e indica se tes disposición para participar noutras quendas.
  • Para público familiar.
  • Material a cargo da monitora.
  • Inscricións: ata o xoves 8 de outubro, enviando este documento cuberto ao correo-e cultura@oporrino.org, inscricións por orden de chegada dos correos.

Botón descarga documento de inscrición

Prazo de inscrición ata o xoves 8 de outubro


Os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto responsable dos mesmos. A inscrición levarase a cabo por orden de remisión dos correos electrónicos. Para participar nesta actividade é obrigatorio o uso de máscara.

No caso de ter calquera síntoma relacionado co Covid-19, rogamos abstenerse de asistir a dita actividade.


Obradoiros de vimbios "Cabana de vimbio"

Obradoiros de vimbios "Cabana de vimbio"


Cabecera-web-ecultura.png