Obradoiros sobre educación en valores asistidos por cans de terapia en entornos educativos

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Do 5 ao 16 de novembro. 2018
| Pola mañá, en horario escolar
| Centros educativos do municipio

Obradoiros sobre Educación en Valores Asistidos por Cans de Terapia en Entornos Educativos

Desde a OMIX do Concello do Porriño, seguindo ca estela do traballo en equipo e  promovendo os intereses e necesidades do alumnado dos centros educativos locais – puntos importantes que forman parte  do traballo da candidatura do Porriño para o recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia por parte de UNICEF – levarase a cabo, do 5 ao 16 de novembro de 2018, pola mañá e en horario escolar, a actividade “Catro Patas de Apoio”.

A actividade está dirixida aos alumnos de educación infantil e primaria, contarase coa participación de 600 alumnos dos seguintes centros escolares do municipio: CEIP. Antonio Palacios, CEIP. de Atios, CEIP. Cruz Budiño, CEIP. Mosende, CEIP. Ribeira ,CEIP. Xose Fernández López, CPR. Hermanos Quiroga, CPR. Santo Tomas e Aceesca.

O obxectivo xeral desta actividade é trasladar os beneficios que aportan os animais a entornos escolares coa finalidade de traballar de forma transversal a educación en valores e a posesión responsable de mascotas, con obradoiros específicos orientados a tal fin.

Os obradoiros elaboráronse para traballar a solidariedade, o compañerismo, o respeto, a aceptación das diferenzas, a integración, autoestima e a violencia de xénero, así como os hábitos de hixiene e alimentación saudable.

Nestes obradoiros abordanse entre outros temas, a educación en positivo, o acoso escolar, e os problemas derivados de problemas de conducta empregando os cans como modelo.


Obradoiros sobre Educación en Valores Asistidos por Cans de Terapia en Entornos Educativos


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png