Orquestra de Cámara Divertimento de Ponteareas

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 25 de agosto. 2017
| Ás 20:30 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Orquestra de Cámara Divertimento de Ponteareas

Desde a súa constitución en 1999, a orquéstra Divertimento tocou en multitude de localidades da provincia de Pontevedra e en diversas cidades como Barcelona, Madrid ou Palencia; recibiu premios como «Mellor agrupación Xove» no Segundo Certame de Xóvenes Músicos de Sada e formou e preparou a decenas de músicos. Compartiron escenario e concertos con varias corais entre as que se atopan a Coral A Vila ou a Coral Polifónica da Universidade de Barcelona, e acompañáronos tamén os mellores instrumentistas de vento da zona, así como, entre outros, tenores da talla de Juan Abalde ou sopranos tan recoñecidas a todos os niveis como Teresa Novoa.

A principal intención da agrupación é achegar a música clásica ao público e preparar e dar a mellor formación posible aos seus instrumentistas. A orquestra aúna a participación e entusiasmo os seus de músicos, na súa maioría novos estudantes, e a profesionalidade internacionalmente recoñecida do seu director Iminas Kucinscas e da concertino e profesora Edita Shulman para ofrecer con todo o agarimo e dedicación distintos tipos de programas nos que se combinan pezas clásicas con outras máis populares ou actuais.


Iminas Kucinskas (director)

Iminas KucinskasIniciou os seus estudos de violoncelo co mestre B. Caponis en Kaunas (Lituania). Terminou os seus estudos no Conservatorio Superior do Estado Rimsky Korsakov en San Petersburgo e estudos de posgrao no Conservatorio P. Tchaikovsky de Moscova. Posteriormente realiza cursos de perfeccionamento no Conservatorio Superior de B. Bartok en Budapest e no Conservatorio Superior de F. Listz en Weimar.
Desde 1968 actúa como violonchelista-solista e membro de varios grupos de cámara organizados pola Filarmónica de Lituania e “Soyuzconcert” de Moscova. Desde 1971 ata 1991 foi profesor do Conservatorio Superior de Vilnius (Lituania). Foi membro do cuarteto Vilnius durante 3 anos e desde 1975 organizador e director do Ensamble de Cámara da Unión de Compositores de Lituania. Desde 1989 foi director artístico da Orquestra de Cámara Lituana “Ave Música2.
O seu repertorio abarca desde o Barroco ata o Contemporáneo. Realizou concertos en diversos países tales como Alemaña, Francia, Polonia, Hungría, Checoslovaquia, Países da Antiga URSS, España e Portugal.


Edita Shulman (concertino)

Edita ShulmanNatural de Riga (Letonia), ao terminar os seus estudos no Conservatorio Superior de Música comeza a traballar na Orquestra de Radio e Televisión de Letonia.
Foi membro do grupo de cámara “Cantilena” co cal realizou numerosas xiras por todo o territorio da U.R.S.S, Alemaña, Polonia, Finlandia e os EEUU.
No ano 1990 veu a España convidada polo Concello de Ponteareas para impartir as clases de violín no Conservatorio Profesional de Música Reveriano Soutullo.
Leva unha intensa actividade artística con diferentes grupos musicais, como o “Trío Reveriano Soutullo”, “Balt-Quartet”, a Orquestra Sinfónica de Vigo ou “Ensemble Logos”, entre outros. Foi convidada con frecuencia pola Orquestra Xoven de Galicia coa que realizou numerosas xiras por Sudamérica, Portugal e na Expo-92 de Sevilla.
Participou na estrea da obra “Iacobus Magnus” do grupo Milladoiro. Foi unha das cofundadoras da Orquestra de Cámara Divertimento de Ponteareas.
Actualmente é profesora de violín do Conservatorio Profesional de Música de Vigo.


Orquestra-Divertimento

Orquestra Divertimento


Patrocinio Deptación de PontevedraCabecera-web-ecultura.png