Orquestra Pulso e Púa e Orfeón Voces Graves “Arousa” de Vilagarcía

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 12 de novembro. 2016
| Ás 20:00 h.
Igrexa Parroquial Santa María do Porriño » ver mapa

Director Orfeón: Santiago Fontes
Director orquestra: Alejandro Iglesias

A Orquestra de Pulso e Púa “ Arousa” de Vilagarcía, formouse por iniciativa do seu primeiro director, Alfonso Galbán no ano 1988, ofrecendo o seu primeiro concerto no Nadal do mesmo ano, no Auditorio do Liceo Marítimo de Vilagarcía.

A partir de esa data, e ao longo de todos estos anos, logran recompilar unha serie de obras de diferentes estilos, clásico como Mozart, Wagner, Bethovem, Tosoli, etc., así como arranxos de temas e melodías populares de todo o mundo, música de películas, cancions folclróricas galegas, etc., creando así un rico e variado repertorio que colleitou o aplauso do numeroso público que tivo a oportunidade de escoitar esta singular orquestra.

Caben destacar dos seus múltiples concertos, os ofrecidos no Salón Noble do Concello de Estrasburgo (Francia), así como no Salón Rexio do Concello de Matosinhos (Portgal), Clube Náutico de Vigo, Igrexa de Ribadeo, Teatro Principal de Pontevedra, e moitas vilas e cidades de Galicia, así como outros en diversas cidades e pobos do territorio nacional, en numerosas intervencions en convencions e congresos.

No ano 2013,incorpórase a esta agrupación o Orfeón Voces Graves “Arousa”; un grupo vocal composto por vinte voces graves, ampliando notablemente o repertorio xa existente.

José Luis Sanz, membro da orquestra, fai os arranxos musicais para orquestra e coro, dunha serie de cancións e melodías de todos os tempos, que fan a ledicia do público que está a descubrir esta interesante e nova formación.

Máis info sobre Orquestra Pulso e Púa Arousa, na súa web » ligazón externa

Máis info sobre Orquestra Pulso e Púa Arousa no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png