Performance: Non me queiras así

| 6 de marzo. 2017
| Ás 12:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios Centro Cultural Municipal » ver mapa

Mulleres en acción. Violencia Zero

Mulleres en acción. Violencia Zero

Mulleres en acción: violencia zero 2016-2017 é un proxecto de acción artística que se desenvolve no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar á poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, para tratar de unir forzas para loitar contra esta secuela presente na sociedade.

As actividades programadas pola Deputación de Pontevedra funcionarán como arma de visibilización e de reflexión, para promover unha sociedade igualitaria entre homes e mulleres, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes. Estas accións foron organizadas en colaboración conxunta cos concellos participantes e co apoio de asociacións de loita pola igualdade de xénero.


Non me queiras así

En todas as performances levadas a cabo, o corpo e a súa conxunción ou conflito con outros materiais, xeralmente orgánicos, que se transforman durante o proceso, son os protagonistas de accións nas que se poñen a proba e levan ao límite as capacidades físicas de ambos.

Preténdese abordar esta temática dunha forma sutil, coidando os detalles de cada un dos elementos que aparecerán na posta en escena. Esta instalación estará repleta de imaxes e metáforas visuais cargadas de connotacións e dobres sentidos, cun potente dramatismo no que a percepción desempeña un papel importante.


Sandra Bejarano

Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, obtén unha bolsa Erasmus coa que estuda na Academia de Belas Artes (Akademie der Bildenden Künste, AdBK) de Múnic, onde reside desde 2012. Entre as súas últimas exposicións e proxectos destacan: “Neubau”, no pavillón de entrada do edificio novo da AdBK; “Notel Prinzregent …und der verschüttete Wein soll *sein, was diesem guten Mann als Blut erscheint” (performance no Hotel Prinzregent en Friedensengel, Múnic); “Wie’*s wurde” (vídeo-proxección A decadencia da carne) na Galería Municipal Cordonhaus de Cham (Städtische Galerie Cordonhaus), Alemaña; “Happy New Year” (exposición anual da AdBK) coa performance Cap. XXXV; “The present shock, será que ainda aqui estás?” en Roundabout. Lx, Lisboa, Portugal…

Actualmente, traballa tamén como auxiliar de sala no Museo de Arte Contemporánea de Múnic (Haus der Kunst) e é asistente no taller de serigrafía do Departamento de Artes Gráficas e de Impresión da AdBK.

Máis info sobre Sandra Bejarano, na súa web » ligazón externa


Patrocinio Deptación de PontevedraCabecera-web-ecultura.png