I PINCHONEN@

| Sábado 15 de setembro. 2018
| Ás 12:00 h. Obradoiro de chocolates e galletas, con Inés Carcacía
| Ás 18:00 h. Show cooking. Impartido por Miri (Masterchef 5)
| Ás 21:00 h. Photocall I PINCHONEN@
| Carpa do Roxy » ver mapa

| Entrada libre e de balde ata compretar aforo

I PINCHONEN@

A Concellería de Xuventude do Concello do Porriño a través da súa  OMIX,  esta traballando na iniciativa de participación infantil e adolescente, enmarcada na candidatura do Porriño ao recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia de UNICEF.

Polo tempo que levamos traballando conxuntamente con centros escolares no recoñecemento do Porriño  de “Cidade Amiga da Infancia”,  obtivemos entre outros resultados a  creación do Consello Municipal de Infancia do Porriño,  órgano  que  representa a tódolos nenos, nenas e adolescentes deste Concello.

Este órgano  acordou no último Pleno, entre outras iniciativas, a  idea de realización do  “PINCHONENO” con produtos saudables e “non tan saudables” durante as datas  14 e 15  do mes de setembro,  coincidindo coa antesala das  festas locais. Esta proposta logo de ser traballada nas aulas, e debatida no salón de plenos, foi aprobada por unanimidade no Pleno infantil do pasado mes de abril.

En resposta a  esta demanda, dende a Concellería de Xuventude co apoio da Concellería de Festas levarase a cabo, a primeira edición deste  1º PINCHONEN@ consensuado no pleno. Unha actividade especial, cun atractivo formato. Este  é o primeiro paso para tratar de consolidalo e acadar en futuras edicións a implicación do sector da hostalería e o comercio local.

Agora o mais importante é dar resposta a esta iniciativa de participación infantil, enmarcada na candidatura do Porriño ao recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia de UNICEF, tratando  de atender as opinións, intereses e necesidades dos veciños e veciñas mais novos.

No 1º PINCHONEN@  contaremos cunha completa axenda de actividades, que serán levadas a cabo na “carpa do Roxy”. Entre outras, destacamos un concerto infantil, un show cooking, un obradoiro de cociña, un photocall, agasallos…

Mencionar que tamén contaremos coa presencia de “MIRI”, participante do  5º Masterchef-España, nos diversos talleres e actividades que temos programadas para esas datas. Tamén estará con nós Noemí  Férnandez, segunda clasificada na final do programa LA VOZ KIDS e veciña do  Porriño, e tamén a famosa cociñeira e blogera INÉS CARCACÍA. A programación completa do 1º PINCHONEN@ poderase consultar completa na web do Concello do Porriño.


INFORMACIÓN ADICIONAL

Concretamos tres puntos importantes a ter en conta  para os obradoiros:

  1. As PRAZAS nos obradoiros serán cubertas entre os interesados por rigurosa orden de chegada ao recinto no día da súa realización.
  2. Ás idades dos participantes será desde os 7 ata os 14 anos.  O Público que así o desexe  poderá asistir ata completar aforo,  200 persoas máximo.
  3. PHOTOCOLL para as dúas datas,  non ten límite de aforo.

    AXENDA
    • Ás 12:00 h. Obradoiro de chocolates e galletas, con Inés Carcacía
    • Ás 18:00 h. Show cooking. Impartido por Miri (Masterchef 5)
    • Ás 21:00 h. Photocall I PINCHONEN@

I PINCHONEN@. Miri Master Chef 5

I PINCHONEN@. Inés Carcacía

I PINCHONEN@. Noemí Fernández

I PINCHONEN@ cartel


Cabecera-web-ecultura.png