Plan de Continxencia Contra a Violencia Machista

Plan-de-Continxencia-Contra-a-Violencia-Machista

O Ministerio de Igualdade ven de impulsar un Plan de Continxencia Contra a Violencia de Machista debido á crise do COVID-19 e o confinamento domiciliario da sociedade española.


Neste plan garántese o normal funcionamento:

  • De todos os servizos de asistencia integral ás vítimas de violencia contra as mulleres.
  • Dos operadores dos servizos esenciais dos dispositivos de información 24h
  • Da resposta de urxencia e acollida ás vítimas en situación de risco.
  • incluídas as mulleres que precisan abandonar o domicilio para garantir a súa protección.
  • Dos centros de urxencia, acollida, pisos tutelados, e aloxamentos seguros para vítimas de explotación sexual e trata.
  • A asistencia psicolóxica, xurídica e social ás vítimas de xeito non presencial (telefónica ou por outras canles).

As mulleres en situación de illamento domiciliario, poden ver dificultado ou imposibilitado o acceso aos medios habituais de comunicación e denuncia de situacións de violencia de xénero:

  • Polo que articulan as medidas necesarias para garantir o adecuado funcionamento dos servizos destinados á protección das vítimas de violencia de xénero,
  • E a adaptación das modalidades de prestación dos servizos ás circunstancias excepcionais actuais.

Medidas tomadas

  • Activase un novo recurso de urxencia para as mulleres en situación de violencia de xénero mediante unha mensaxe de alerta por mensaxería instantánea con xeolocalización que recibirán as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
  • Estará dispoñible nos próximos días un Chat-sistema de mensaxería instantánea de contención e asistencia psicolóxica en situación de permanencia en domicilios que xestionará a Administración Central.

Recursos asistenciais


Cabecera-web-ecultura.png