Pregón e concerto: Uxía

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
PREGÓN das Festas do Cristo 2016:
| 23 de setembro. 2016
| Ás 21:00 h. Pregón das Festas do Cristo 2016
Praza de Antonio Palacios » ver mapa

CONCERTO:
| 25 de setembro. 2016
| Ás 22:30 h. Concerto
Praza de Antonio Palacios » ver mapa

Uxía é a gran dama da música galega. Ademais de ser probablemente a súa cara máis coñecida, é produtora e ten promovido infinidade de iniciativas musicais e culturais como o Festival Internacional da Lusofonía “Cantos na Maré”. Desde o seu debut con “Foliada de Marzo” en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro para as diferentes culturas, un xeito de comunicación entre pobos e xentes. Integrante do grupo Na Lúa ata 1991, Uxía emprende un camiño en solitario que responde a unha natural evolución da súa traxectoria.

Nese mesmo ano publica “Entre cidades”, e catro anos despois, “Estou Vivindo no ceo”, disco moi valorado pola crítica que afianza a súa proxección internacional. En 1997 edita xunto ás cantantes Rasha (Sudán) e María Salgado (Castela) e o guitarrista Cuchús Pimentel “La sal de la vida”, un disco marcado pola diversidade e polo cruce cultural. Xa en 2000 publica “Danza das areas”, traballo que representa un punto de inflexión no seu camiño con composicións propias e sons máis contemporáneos. Ademais, promoveu a creación de grupos de cantareiras como Malvela ou Cantadeiras do Berbés e participou en numerosas experiencias musicais con artistas do talle de Tito Paris, Jessie Norman, Dulce Pontes, Noa, João Afonso ou Chico César, entre outros. Co disco, “Eterno Navegar”, percorre camiños de sonoridades atlánticas e ritmos africanos que se mesturan coa súa melodiosa voz e o seu estilo intimista. Uxía sigue o ronsel dunha cultura que viaxa e muda o significado e a natureza das fronteiras.

Máis información sobre Uxía, na súa web » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png