Presentación do libro “A sombra das árbores”

ACTUALIZACIÓN: nova incorporación ao programa

| Mércores 13 de novembro. 2019
| Ás 19:00 h.

Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Presentación: A Sombra das Árbores

Presentación do libro “A sombra das árbores”, de Ana Abad Larriva. Ademais da autora, asistirán a concelleira de cultura, Lourdes Moure; Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia; e Raquel Castro, en representación do IES Ribeira do Louro.

A sombra das árbores é unha proposta teatral de corpo poético onde movemento e palabra cobran especial importancia. Estamos diante dunha peza teatral aberta, escenario simbólico poboado por un bosque de sombras que é o espazo que habitamos. Unha reflexión orixinal e novidosa sobre nós. O debut, poderoso, dunha autora chamada a protagonizar grandes páxinas da nosa escrita dramática.

Ana Abad de Larriva é titulada superior en Arte Dramática, na especialidade de Interpretación Xestual, pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutoranda en Comunicación na Universidade de Vigo, desenvolve a súa investigación no eido da teoría teatral e publica artigos especializados en artes escénicas en diferentes medios, compaxinando o seu labor no campo da comunicación coa creación escénica e literaria, así como coa docencia.


Cabecera-web-ecultura.png