Presentación do libro: “Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs Calviño de Tallo” + Micro-concerto: Malvela, Alba María, Uxía

| Xoves 21 de xuño. 2018
| Ás 19:00 h.
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

Presentación do libro: “Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs Calviño de Tallo”


Presentan: Alba María Rodríguez (autora), Ramón Pinheiro (editor) e Uxía (cantante).

A cantante, investigadora e regueifeira Alba María Rodríguez dará a coñecer o seu libro-disco “Regueifa en Bergantiños: Celestrino de Leduzo vs. Calviño de Tallo”. O volume vén de ser editado pola Central Folque.

O acto de presentación do libro contará ademais cun micro-concerto a cargo de: Malvela, Alba María e Uxía


Regueifa en Bergantiños: Celestrino de Leduzo vs. Calviño de Tallo

A comarca de Bergantiños constituíu arredor dos anos 50 un berce de coplas, rimas e contextos óptimos para o desenvolvemento da poesía oral improvisada. Na súa manifestación en forma de controversia, a chamada regueifa, destacaron numerosas figuras que encarnan os últimos anos de vitalidade do fenómeno improvisador galego.

Entre elas soan con forza os nomes de Blanco de Muiñoseco (Coristanco) e o dos seus discípulos Calviño de Tallo (Ponteceso) e Celestrino de Leduzo (Malpica de Bergantiños). Ambos improvisadores levaron a disputa en verso ao seu máis requintado nivel. Máis alá dos casamentos (o contexto inicial do xénero) amenizaron os bares, as festas e calquera encontro público e semiprivado dunha Galicia eminentemente rural. A través destas figuras e o seu tempo coñeceremos estas coplas de catro versos octosílabos con rima nos pares, que vinculadas a unha melodía fixa compartida polos opoñentes, constitúen o celme da tradición cantada galega.


Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs Calviño de Tallo


Cabecera-web-ecultura.png