Presentación: “IV Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2020-2024 do Concello do Porriño”

| Mércores 11 de marzo. 2020
| Ás 20:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Programación cultural Xaneiro 2020. Concello do Porriño

A Corporación Local aprobou por unanimidade, no recente pleno de febreiro, o IV Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Porriño que estará vixente para o período 2020 / 2024.

Na súa exposición, Cami Moreira, concelleira de Igualdade explicou que “o Concello como administración máis preto da cidadanía ten un papel relevante no fomento de oportunidades entre mulleres e homes como medio para a construción dunha sociedade máis xusta”.

Segundo argumentou “parte da función dende unha administración pública tamén é impulsar políticas activas que garantan a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes”, dixo Cami Moreira.

Este IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes aborda 7 eixes de intervención con 54 medidas de acción, como son:

  • A Promoción da Igualdade na Política Municipal.
  • Emprego e Conciliación da Vida Persoal, Laboral e Profesional.
  • Coeducación, deporte e calidade de vida.
  • Urbanismo, Mobilidade e Seguridade.
  • Atención a situacións de vulnerabilidade.
  • Empoderamento e participación.
  • A Violencia de Xénero.

A responsable da Concellería de Igualdade explicou que “dende este concello, hai unha clara aposta por medidas de carácter estrutural con vocación transformadora e de permanencia que permitirán incorporar a perspectiva de xénero a toda a política municipal. Por iso agardamos a implicación de todas e todos, sabendo que esta é a receita para chegar á efectividade dos resultados”, engadiu Cami Moreira na súa exposición ante a Corporación Local.

A concelleira solicitou a todos “fagámonos cómplices e aportemos para que un Porriño igualitario, inclusivo e intolerante coas inxustizas e co machismo, sexa posible”, manifestou.

Por último Cami Moreira lembrou e citou a Concepción Arenal: “A sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano”.


Cabecera-web-ecultura.png