Programa Aprendendo Ferramentas Cara o Futuro: Obradoiros: “Sensibilización en clave de Xénero” e “Música dende dentro”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Do 7 ao 21 de marzo. 2019
| Actividade concertada
| Centros de ensino do concello
Organiza: OMIX do Porriño

Programa Aprendendo Ferramentas Cara o Futuro

A OMIX do Concello do Porriño organiza durante o mes de marzo, dende o día 7 ao 21, o programa “Aprendendo Ferramentas cara o Futuro”. O programa conta coa colaboración de todos os centros de ensino do Porriño (CEIP, CPR E e Aceesca) e vai dirixido ao alumnado de infantil e primaria. Os obradoiros realizaránse nos centros de ensino, cun total de 413 alumnos participantes.

Para desenvolver dito programa contarase con ADIAF (Asociación de Desenvolvemento Infantil e Atención Familiar), unha asociación que nace da unión de profesionais que conflúen para dar unha resposta profesional, rigurosa e de calidade ás familias. Forman un equipo multi e transdisciplinar que atende ao desenvolvemento de forma integral e global, con profesionais da educación social, psicoloxía, psicopedagoxía, logopedia, pedagoxía terapéutica.


Obradoiro: Sensibilización en clave de xénero

Obradoiro dirixido ao alumnado dos últimos curso de primaria e divídese en catro sesións diferenciadas mais relacionadas entre si, mediante as cales, dun xeito gradual, os mozos/as irán familiarizándose con determinados conceptos vinculados ao xénero e reflexionando arredor deles: estereotipos e prexuízos, violencia machista e diversidade sexual e afectiva serán os eixos principais de actuación.

Obxectivos:

O obxectivo principal é contribuír ao compromiso coa creación dunha sociedade igualitaria sen barreiras por sexo, xénero, identidade de xénero ou orientación sexual.

Ademais:

  • Desmontar os estereotipos e prexuízos de xénero existentes: roles e expectativas.
  • Reflexionar sobre as diferencias exercidas no proceso de socialización por cuestión de xénero.
  • Sensibilizar en torno ás diferentes formas de violencia machista.
  • Propiciar o pensamento crítico fronte á violencia machista.
  • Propor e analizar material didáctico con perspectiva de xénero para a aprendizaxe colectiva.

Obradoiro: Música dende dentro

Para o alumnado de Infantil, realizarase o obradoiro, “Música dende dentro” que ten como fin mellorar e potenciar a relación dos asistentes coa música e introducilo como medio de expresión.

Obxectivos:

  • Coñecer e comprender novas maneiras de relacionarse coa música.
  • Comprender a música como algo humano, natural e espontáneo.
  • Favorecer as relacións entre iguais a través da música.
  • Ofrecer un medio de expresión e experimentación nun entorno sen competitividade.
  • Potenciar a experimentación e a curiosidade.
  • Facilitar a concentración e a atención nunha actividade concreta.
  • Mellorar a psicomotricidade e o autocoñecemento.
  • Fomentar novos gustos musicais a través da música clásica.
  • Coñecer as posibilidades da música contemporánea.

Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png