Programa Tecendo Lazos 2019. Obradoiro “Faino ti”: manualidades de moldeado e pintado con obxectos reciclados

| Todos os venres, do 8 de novembro ao 20 de decembro. 2019
| De 17:00 a 19:30 h.
Centro Cívico do Porriño (Rúa Domingo Bueno, nº 13 – 2º andar) » ver mapa
| Requírese inscrición previa

Programa Tecendo Lazos 2019

Organiza: OMIX do Concello do Porriño

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Porriño en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, levará a cabo a impartición do obradoiro interxeneracional “Faino ti”, correspondente ao programa da Diputación de Pontevedra “Tecendo lazos 2019”.

Participan persoas de entre 6 e 80 anos. Algunha delas forman parte da mesma familia, e pertenzen a diferentes xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos, nais e pais etc.).

Neste obradoiro as familias realizarán actividades de expresión plástica e traballos manuais a través da reciclaxe e da reutilización de materiais, co que se promoverá o respecto polo ambiente e o desenvolvemento da creatividade e da imaxinación, e ademais se fomentará o traballo en equipo entre todos os participantes.

Terá unha duración de 16 horas, das cales  12 horas serían un módulo espécifico e ás 4 restantes outro transversal: “A historia do meu concello”.


MANUALIDADES DE MOLDEADO E PINTADO CON OBXECTOS RECICLADOS

  • Diversidade de obras plásticas e decorativas mediante a reciclaxe: botellas decorativas, adornos decorativos de nadal con materiais reciclados.
  • Técnicas de pintura. Realización e posterior pintado e decoración de camisetas. Pintar botellas de cristal para decoración.
  • Modelado con pasta de papel. Modelado con pasta de papel de obxectos decorativos, colgantes, máscaras, cuencos, etc.
  • Técnicas de decoración Remodelación de obxectos que traian de casa (lapiceiros, xarróns vellos, marcos de fotos…)
  • Módulo “A historia do meu concello”

O programa “Tecendo lazos” ten como finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre, a través dos cales se pretenden crear estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro. Con esta actuación preténdese sensibilizar na promoción do apoio social, a aprendizaxe e o intercambio recíproco de recursos, ideas e valores encamiñados a producir lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.

Promoverase nas persoas maiores o envellecemento activo, mellorando a súa actividade física, cognitiva e social, e nas persoas máis novas melloraranse as súas habilidades sociais, a empatía e a tolerancia cara ao diferente.


Programa Tecendo Lazos 2019


Patrocinio Deputación OMIXCabecera-web-ecultura.png