| Venres 12 de abril. 2019
| De 18:00 a 20:00 h.
| Parque infantil » ver mapa
| Organiza: OMIX do Porriño
Ver programación do Programa Vive a Cultura Urbana, da música e arte urbano por días:
[VENRES 5 NOVA DATA: 3 DE MAIO] [> VENRES 12 <] [VENRES 26]
Programa “Vive a Cultura Urbana”
Presentamos “Vive a Cultura Urbana”, un programa de ocio activo dirixido á mocidade (+11 anos) e organizado en dous grandes bloques culturais;
1. Deportes Urbanos
2. Música e Arte Urbana.
O programa céntrase na Cultura Urbana e ofrece a oportunidade ás mozas e mozos de participar e coñecer ata 12 disciplinas diferentes en formato obradoiro (Breakdance, Parkour, Graffiti, Skate, Slackline, Beatbox, Rap, Dj, Scooter, Street Workout, Roller e Personalización de Gorras), distribuidos en 6 datas, coincidindo coas tardes e noites dos venres dos meses de Marzo, Abril e Maio de 2019 sumando un total de 20 horas de actividade.
As actividades propostas tratan de diferentes obradoiros de iniciación que permiten a participación activa da mocidade sen esixir coñecemento previo sobre ningunha das disciplinas urbanas, xa que o obxecto desta iniciativa é a de ofrecer unha alternativa de ocio saudable e creativa centrada no proceso e na experimentación, ofrecendo así outro xeito de pasar o tempo libre na rúa.
Finalmente preséntase unha última xornada con formato festival, que terá lugar o 3 de Maio e que dará peche ao programa con concertos, sesión Dj e un show de Beatbox.
Programación
As actividades desenvolveranse ao aire libre, sen necesidade de inscrición previa e están dirixidas a mozas e mozos maiores de 11 anos.
Para poder participar nas actividades non é preciso ter ningún coñecemento previo nin dispoñer de material ou equipamento concreto, só é preciso achegarse ao emprazamento 10 minutos antes da hora de inicio das actividades.
LOCALIZACIÓN: Instalacións da Pista Deportiva anexa ao parque infantil de Porriño.
Se a actividade non se pode levar adiante debido a motivos meteorolóxicos que impidan ou dificulten o óptimo desenvolvemento da mesma, a actividade prevista posporase e realizarase en conxunto coa seguinte actividade programada no calendario.
12 DE ABRIL
OBRADOIRO DE GRAFFITI
O Graffiti utiliza o esprai para comunicar ideas, inquietudes e preocupacións do presente e do futuro, a través da pintura.
CONTIDOS:
- Achega á linguaxe do Graffiti.
- Coñecementos dos usos adecuados e inadecuados do Graffiti.
- Coñecemento das técnicas do spray máis utilizadas no arte mural.
- Uso das técnicas de spray na elaboración de Graffitis.
- Creación colectiva dunha peza de Graffiti.
OBRADOIRO DE PERSONALIZACIÓN DE GORRAS
No obradoiro de Personalización de Gorras Trucker faremos o deseño do noso nome en letras de Graffiti e o debuxaremos no
frontal da gorra dándolle un estilo propio e moi colorido.
CONTIDOS:
- Visualización de gorras e deseños rematados.
- Debuxo do nome en letras de Graffiti sobre papel.
- Copia do deseño sobre o frontal da gorra (a lápis).
- Pintado do fondo do debuxo con rotuladores de trazo ancho.
- Perfilado do nome con rotuladores de trazo fino.
- Remate do deseño con outros elementos (estampados, brillos…)
Ver programación do Programa Vive a Cultura Urbana, da música e arte urbano por días:
[VENRES 5 NOVA DATA: 3 DE MAIO] [> VENRES 12 <] [VENRES 26]