Programa Vive a Cultura Urbana. Mes dos deportes urbanos: PARKOUR PARK MÓBIL

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Venres 15 de marzo. 2019
| De 18:00 a 21:00 h.
Parque infantil » ver mapa
| Organiza: OMIX do Porriño

Vive a Cultura Urbana. Mes dos deportes urbanos


Ver programación do Programa Vive a Cultura Urbana, mes dos deportes urbanos por días:

[> VENRES 15 <]     [VENRES 22]     [VENRES 29]


Programa “Vive a Cultura Urbana”

Presentamos “Vive a Cultura Urbana”, un programa de ocio activo dirixido á mocidade (+11 anos) e organizado en dous grandes bloques culturais;

1. Deportes Urbanos
2. Música e Arte Urbana.

O programa céntrase na Cultura Urbana e ofrece a oportunidade ás mozas e mozos de participar e coñecer ata 12 disciplinas diferentes en formato obradoiro (Breakdance, Parkour, Graffiti, Skate, Slackline, Beatbox, Rap, Dj, Scooter, Street Workout, Roller e Personalización de Gorras), distribuidos en 6 datas, coincidindo coas tardes e noites dos venres dos meses de Marzo, Abril e Maio de 2019 sumando un total de 20 horas de actividade.

As actividades propostas tratan de diferentes obradoiros de iniciación que permiten a participación activa da mocidade sen esixir coñecemento previo sobre ningunha das disciplinas urbanas, xa que o obxecto desta iniciativa é a de ofrecer unha alternativa de ocio saudable e creativa centrada no proceso e na experimentación, ofrecendo así outro xeito de pasar o tempo libre na rúa.

Finalmente preséntase unha última xornada con formato festival, que terá lugar o 3 de Maio e que dará peche ao programa con concertos, sesión Dj e un show de Beatbox.


Programación

As actividades desenvolveranse ao aire libre, sen necesidade de inscrición previa e están dirixidas a mozas e mozos maiores de 11 anos.

Para poder participar nas actividades non é preciso ter ningún coñecemento previo nin dispoñer de material ou equipamento concreto, só é preciso achegarse ao emprazamento 10 minutos antes da hora de inicio das actividades.

LOCALIZACIÓN: Instalacións da Pista Deportiva anexa ao parque infantil de Porriño.

Se a actividade non se pode levar adiante debido a motivos meteorolóxicos que impidan ou dificulten o óptimo desenvolvemento da mesma, a actividade prevista posporase e realizarase en conxunto coa seguinte actividade programada no calendario.


15 DE MARZO


Programa Vive a Cultura Urbana. Mes dos deportes urbanos: Parkour Park Móbil

PARKOUR PARK MÓBIL

Montaxe dun parque de Parkour con máis de 20 elementos conformado por cubos de diferentes alturas, rampas, pirámides, pedestais e travesaños de diferentes dimensións. O parque móbil está deseñado en madeira de alta calidade para soportar cargas de máis de 250Kg, sendo totalmente estable, antideslizante e rematado con esquinas redondeadas para unha maior seguridade.


PARKOUR

OBRADOIRO DE PARKOUR

O Parkour é unha disciplina ou filosofía que consiste en desprazarse dun punto a outro o máis fluidamente posible, usando principalmente as habilidades do corpo humano, o que implica superar os obstáculos que se presentan no percorrido tales como valos, muros ou paredes.
CONTIDOS:

  • Aprendizaxe das técnicas fundamentais de desprazamentos e actitude postural do Parkour.
  • Aprendizaxe das técnicas de salto/gato de precisión.
  • Aprendizaxe de técnicas de recepción e rodamentos.
  • Aprendizaxe de técnicas de pasavallas frontais e laterais.
  • Práctica das técnicas en circuíto con recorrido fluído.

Cartel Vive A Cultura Urbana Programa

Cartel Vive A Cultura Urbana Programa


Ver programación do Programa Vive a Cultura Urbana, mes dos deportes urbanos por días:

[> VENRES 15 <]     [VENRES 22]     [VENRES 29]


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png