Programa Vive a Cultura Urbana. Mes dos deportes urbanos: SKATEPARK MÓBIL

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Venres 29 de marzo. 2019
| De 18:00 a 21:00 h.
Parque infantil » ver mapa
| Organiza: OMIX do Porriño

Vive a Cultura Urbana. Mes dos deportes urbanos


Ver programación do Programa Vive a Cultura Urbana, mes dos deportes urbanos por días:

[VENRES 15]     [VENRES 22]     [> VENRES 29 <]


Programa “Vive a Cultura Urbana”

Presentamos “Vive a Cultura Urbana”, un programa de ocio activo dirixido á mocidade (+11 anos) e organizado en dous grandes bloques culturais;

1. Deportes Urbanos
2. Música e Arte Urbana.

O programa céntrase na Cultura Urbana e ofrece a oportunidade ás mozas e mozos de participar e coñecer ata 12 disciplinas diferentes en formato obradoiro (Breakdance, Parkour, Graffiti, Skate, Slackline, Beatbox, Rap, Dj, Scooter, Street Workout, Roller e Personalización de Gorras), distribuidos en 6 datas, coincidindo coas tardes e noites dos venres dos meses de Marzo, Abril e Maio de 2019 sumando un total de 20 horas de actividade.

As actividades propostas tratan de diferentes obradoiros de iniciación que permiten a participación activa da mocidade sen esixir coñecemento previo sobre ningunha das disciplinas urbanas, xa que o obxecto desta iniciativa é a de ofrecer unha alternativa de ocio saudable e creativa centrada no proceso e na experimentación, ofrecendo así outro xeito de pasar o tempo libre na rúa.

Finalmente preséntase unha última xornada con formato festival, que terá lugar o 3 de Maio e que dará peche ao programa con concertos, sesión Dj e un show de Beatbox.


Programación

As actividades desenvolveranse ao aire libre, sen necesidade de inscrición previa e están dirixidas a mozas e mozos maiores de 11 anos.

Para poder participar nas actividades non é preciso ter ningún coñecemento previo nin dispoñer de material ou equipamento concreto, só é preciso achegarse ao emprazamento 10 minutos antes da hora de inicio das actividades.

LOCALIZACIÓN: Instalacións da Pista Deportiva anexa ao parque infantil de Porriño.

Se a actividade non se pode levar adiante debido a motivos meteorolóxicos que impidan ou dificulten o óptimo desenvolvemento da mesma, a actividade prevista posporase e realizarase en conxunto coa seguinte actividade programada no calendario.


29 DE MARZO


Programa Vive a Cultura Urbana. Mes dos deportes urbanos: Street Workout Park + Slackline

SKATEPARK MÓBIL SKATE/SCOOTER/ROLLER

Montaxe dun parque de Skate con 18 elementos conformado por rampas, módulos e raíles para patinaxe segura, adaptado á práctica do Skate, Scooter e o Roller.

A estrutura do parque móbil está construída de aceiro, o que da consistencia e estabilidade aos módulos, chegando a soportar ata 350Kg de peso. O material da superficie está feito con plástico ABS que amortigua os impactos e cun acabado rugoso antideslizante para dar aderencia, o que aporta maior seguridade.


SKATEPARK MÓBIL

OBRADOIRO DE SKATEBOARD

O Skate é unha das disciplinas urbanas máis practicadas do mundo, e para moitos un estilo de vida que engloba toda unha cultura.

CONTIDOS:

  • Familiarización co patín, as súas partes, montaxe e cambios de pezas..
  • Nocións básicas de equilibrio no skate.
  • Técnicas básicas de desplazamento.
  • Técnicas básicas de manexo do skate.

Cartel Vive A Cultura Urbana Programa

Cartel Vive A Cultura Urbana Programa


Ver programación do Programa Vive a Cultura Urbana, mes dos deportes urbanos por días:

[VENRES 15]     [VENRES 22]     [> VENRES 29 <]


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png