Programa Vive a Cultura Urbana. Mes dos deportes urbanos: STREET WORKOUT PARK MÓBIL

| Venres 22 de marzo. 2019
| De 18:00 a 21:00 h.
Parque infantil » ver mapa
| Organiza: OMIX do Porriño

Vive a Cultura Urbana. Mes dos deportes urbanos


Ver programación do Programa Vive a Cultura Urbana, mes dos deportes urbanos por días:

[VENRES 15]     [> VENRES 22 <]     [VENRES 29]


Programa “Vive a Cultura Urbana”

Presentamos “Vive a Cultura Urbana”, un programa de ocio activo dirixido á mocidade (+11 anos) e organizado en dous grandes bloques culturais;

1. Deportes Urbanos
2. Música e Arte Urbana.

O programa céntrase na Cultura Urbana e ofrece a oportunidade ás mozas e mozos de participar e coñecer ata 12 disciplinas diferentes en formato obradoiro (Breakdance, Parkour, Graffiti, Skate, Slackline, Beatbox, Rap, Dj, Scooter, Street Workout, Roller e Personalización de Gorras), distribuidos en 6 datas, coincidindo coas tardes e noites dos venres dos meses de Marzo, Abril e Maio de 2019 sumando un total de 20 horas de actividade.

As actividades propostas tratan de diferentes obradoiros de iniciación que permiten a participación activa da mocidade sen esixir coñecemento previo sobre ningunha das disciplinas urbanas, xa que o obxecto desta iniciativa é a de ofrecer unha alternativa de ocio saudable e creativa centrada no proceso e na experimentación, ofrecendo así outro xeito de pasar o tempo libre na rúa.

Finalmente preséntase unha última xornada con formato festival, que terá lugar o 3 de Maio e que dará peche ao programa con concertos, sesión Dj e un show de Beatbox.


Programación

As actividades desenvolveranse ao aire libre, sen necesidade de inscrición previa e están dirixidas a mozas e mozos maiores de 11 anos.

Para poder participar nas actividades non é preciso ter ningún coñecemento previo nin dispoñer de material ou equipamento concreto, só é preciso achegarse ao emprazamento 10 minutos antes da hora de inicio das actividades.

LOCALIZACIÓN: Instalacións da Pista Deportiva anexa ao parque infantil de Porriño.

Se a actividade non se pode levar adiante debido a motivos meteorolóxicos que impidan ou dificulten o óptimo desenvolvemento da mesma, a actividade prevista posporase e realizarase en conxunto coa seguinte actividade programada no calendario.


22 DE MARZO


Programa Vive a Cultura Urbana. Mes dos deportes urbanos: Street Workout Park + Slackline

STREET WORKOUT PARK MÓBIL

Montaxe dun parque de barras adecuado para a práctica das disciplinas de StreetWorkout e Parkour, que consta de 1 módulo central en forma de cubo e 2 satélites laterais. O parque permite ser ampliado con diferentes configuracións e engadidos. A estrutura é estable e segura, formado por pezas de aceiro galvanizado de alta resistencia con tubos de 42cm de diámetro e 2,6mm de espesor e anclaxes tubulares industriais sen pezas saíntes e con acabado redondeado, que soportan cargas de 250Kg.


STREET WORKOUT PARK MÓBIL

OBRADOIRO DE SLACKLINE

Nete obradoiro achegarémonos ao mundo da corda frouxa (slackline), experimentaremos a sensación de desprazarnos sobre un soporte móvil en suspensión ao mesmo tempo que imos descubrindo diferentes trucos e método.

CONTIDOS:

  • Montaxe da cinta de Slackline e normas de seguridade.
  • Contacto coa corda e equilibrios básicos sentados.
  • Subir e baixar da corda elástica, principios básicos.
  • Desprazamentos básicos, o paseo asistido.
  • Coñecemento das técnicas básicas do Slackline.
  • Breve demostración por parte do monitor especializado.

Cartel Vive A Cultura Urbana Programa

Cartel Vive A Cultura Urbana Programa


Ver programación do Programa Vive a Cultura Urbana, mes dos deportes urbanos por días:

[VENRES 15]     [> VENRES 22 <]     [VENRES 29]


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png