Protagonistas… as mulleres no teatro: representación da obra “Monstruación”

| Luns 11 de marzo. 2019
| Ás 19:30 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Para público maior de 16 anos
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Protagonistas... as mulleres no teatro: representación da obra "Monstruación"


Incluído no programa conmemorativo do Día Internacional da Muller.

Monstruación, de Enconarte Produccións

Monstruacións

Representación da obra de teatro “MONSTRUACIÓN” de Enconarte Produccións.

As tres actrices de Enconarte Producións, Rocío Romero, Arantxa Treus e Déborah Vukusic, que debutaran coa comedia de Diana López Varela: Non é un país para conas (2016), lanzáronse no 2018 a crear a súa propia peza a partir de xogos de improvisación sobre o tema da menstruación, guiados e dirixidos pola actriz Marián Bañobre da Cía. Ibuproneo Teatro. O resultado é un show cabareteiro, trufado de chistes e un espírito gamberro, no que hai lugar para algún número paródico de danza para rir de todo o azucre que lle botaron enriba á condición feminina, en cancións e coreografías que se converteron nun clixé.

A coartada argumental: tres muñecas, famosas nos anos 80 e 90, que poderían ter sido coas que xogaban as propias actrices e as rapazas que, coma elas andan arredor dos 30 anos: unha Barbie (Déborah), unha Nancie (Arantxa) e unha Barriguitas india (Rocío), están preocupadas porque a súa dona América deixou de xogar con elas porque lle veu a regra. A partir de aí as bonecas (as actrices bonequizadas) especulan e brincan con iso da regra instruídas pola Barbie, que é a que máis sabe do asunto.


Monstruación, de Enconarte Produccións


Cabecera-web-ecultura.png