Rexistro de Artistas Locais

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
Rexistro de artistas locais

Obxecto

A Concellería de Cultura do Concello do Porriño ten por obxecto crear un Rexistro Municipal de Artistas Culturais Locais, coa finalidade de:

  • Contribuír ao desenvolvemento da comunidade artística.
  • Dar a coñecer e así fomentar a contratación de grupos e creadores/as do Porriño.

Participantes

Poderán inscribirse todas aquelas persoas ou grupos que teñan a súa residencia no Concello do Porriño.


Inscricións

As inscricións faranse de acordo á instancia establecida e que deberá presentarse no Rexistro Municipal do Concello do Porriño, achegando a documentación solicitada:

  • Fotocopia do DNI.
  • Aportación de documentos gráficos en soporte dixital (fotografías, vídeos…)
  • Currículo (traxectoria artística) ou memoria explicativa acerca da disciplina artística do solicitante.

No caso de artistas menores de idade, a solicitude será asinada polo pai, nai ou titor/a legal do menor.


Clasificacións

As inscricións rexistradas serán divididas en diversos grupos, segundo as disciplinas presentadas.


Obrigas

  • Presentar a solicitude debidamente cumprimentada ademais dos documentos requiridos. Só se procederá á inscrición no Rexistro unha vez que sexa entregada toda a documentación.
  • Cumprimentar a documentación con datos reais.
  • Informar de calquera modificación nos datos solicitados.
  • Darse de baixa no Rexistro cando cese a actividade.

Acceso

Este Rexistro será público de tal forma que poderán acceder a el todas as persoas interesadas, de forma telemática a través da páxina web do Concello.


Botón solicitude de inscrición

Botón regulamento


Cabecera-web-ecultura.png