Rexistro Municipal de Asociacións

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
Rexistro Municipal de Asociacións

Obxecto

A Concellería de Cultura do Concello do Porriño ten por obxecto crear un Rexistro Municipal de Asociacións Locais, coa finalidade de:

  • Permitir ao Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, coñecer os seus fins e a súa representatividade.
  • Fomentar a participación organizada e a vida asociativa no municipio.
  • Dar a coñecer e así fomentar o asociacionismo e participación cidadá.

Para quen

Poderán inscribirse todas aquelas  asociacións sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, previamente inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións correspondente e que teñan a súa residencia no Concello do Porriño.


Como

As inscricións faranse de acordo á instancia establecida e que deberá presentarse no Rexistro Municipal do Concello do Porriño, achegando a documentación solicitada:

  • Copia do CIF da entidade.
  • Copia dos Estatutos da Asociación.
  • Orzamento do ano en curso.
  • Programa de actividades do ano en curso.
  • Certificación do número de asociados/as.

Obrigas

  • Presentar a solicitude debidamente cumprimentada ademais dos documentos requiridos.
  • Só se procederá á inscrición no Rexistro unha vez que sexa entregada toda a documentación.
  • Cumprimentar a documentación con datos reais.
  • Informar de calquera modificación nos datos solicitados.
  • Darse de baixa no Rexistro cando cese a actividade.

Acceso

Este Rexistro será público de tal forma que poderán acceder a el todas as persoas interesadas, de forma telemática a través da páxina web do Concello.


Botón solicitude de inscrición

Botón regulamento


Cabecera-web-ecultura.png