Servizo de primeiros auxilios emocionais para adolescentes entre 12 e 18 anos e coidadores de nenas/os de 0 a 11 anos

Servizo Primeiros Auxilios Emocionais

Desde o Concello do Porriño coa colaboración de ASEIA, sabede que non estades sos nesta situación de confinamento.

ASEIA (Asociación para a saúde emocional na infancia e na adolescencia) pon un marcha un “Servizo de primeiros auxilios emocionais para adolescentes entre 12 e 18 anos e coidadores de nenas/os de 0 a 11 anos” que será atendida por profesionais da psicoloxía, traballo social, enfermería e educación social voluntarios, para dar cobertura de apoio emocional e orientación psicolóxica, educativa e social a adolescentes e coidadores/as de menores de 11 anos, que se atopen con dificultades de desbordamento emocional derivadas da situación de distanciamento social a causa do estado de alarma decretado pola pandemia Covid-19.


A atención será gratuíta, podendo realizarse por teléfono e/ou por email:


Cabecera-web-ecultura.png