Stephanie Llayora. Monólogo: “Eu quero ser galega”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Mércores 7 de marzo. 2018
| Ás 19:30 h.
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

Stephanie Llayora

Na primeira parte do show da humorista faranos lembrar un clásico, o monólogo de “Nueba Llorq, sen sexo”. Contaranos as súas aventuras como muller ao trinta e pico… solteira, sen fillos nin miras de futuro de selo. A súa visión cómica de muller independente, metade satisfeita coa súa soltería, metade indignada de non atopar ao seu príncipe azul… ademais da súa reflexión sobre non cumprir como as súas amigas da mesma idade que xa están casadas e teñen fillos.

Na segunda parte da velada teremos o novo texto en galego de “ Eu quero ser Galega”. Un Sketch cun personaxe grotesco sobre unha vasca que quere ser galega. Unha divertida historia xunto a unha peculiar compañeira de aventuras chamada “pulpiña” que nos fará rir de principio a fin.



Stephanie Llayora


Cabecera-web-ecultura.png