Teatro: A casa do avó

| 22 de abril. 2017
| Ás 19:00 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Aforo limitado

A casa do avó. Tanxarina

Un espectáculo da compañía Tanxarina.

“Unha peza de teatro social e educativo onde os dereitos dos nenos e dos maiores van máis alá do puramente artístico”

Entendemos que os máis pequenos teñen dereito ao descanso, ao xogo, a realizar actividades propias da súa idade…, pero tamén cremos que teñen dereito a participar plenamente dunha vida cultural e artística, a ser coñecedores do que pasa ao seu redor dunha maneira apropiada e en condicións de igualdade.”

Roberto recibe a noticia de que seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.

A compañía TANXARINA TITERES foi fundada no ano 1.983, por varios ex-alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fíos do Institut del Teatre de Barcelona, e tamén outros profesionais galegos do teatro infantil e xuvenil . Dende entón  converteuse nunha das formacións mais recoñecidas e prestixiosas do teatro de títeres galego  tanto dentro como fora de Galicia.

Dedícase prioritariamente á produción e distribución de espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos: infantil, xuvenil e familiar; onde se combinan diversas técnicas de animación de monecos có traballo actoral dos propios manipuladores.

Marionetas de fíos, títeres de luva, de variñas, sombras chinas , bunrakus e outros gañan así en forza expresiva e comicidade. Esa relación escénica entre títeres e actores vén sendo unha das señas de identidade da compañía dende os seus primeiros espectáculos.

TANXARINA TÍTERES ten presentado os seus traballos nos máis importantes Festivais de teatro de títeres: Segovia, Valencia, Barcelona, Madrid, Murcia, Bilbao, Alicante, Sevilla… Moitas son as cidades visitadas polos seus  monecos que tamén  pasearon  por Portugal, Grecia, Austria, Bélgica, Francia, Italia, El Salvador, Costa Rica, Nicaragua, Venezuela, Cuba, Colombia, Arxentina, Brasil, Guatemala, México…

Info extraída da páxina web de Tanxarina » ligazón externa
Máis info sobre Tanxarina no seu perfil de Facebook » ligazón externa

Ciclo de teatro: A casa do avó


Cabecera-web-ecultura.png