Teatro: A nena que quería navegar

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Domingo 19 de novembro. 2017
| Ás 18:00 h.
| Entrada libre ata completar aforo
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa

A nena que quería navegar. O Porriño

Un espectáculo da compañía compostelá Redrum Teatro.

Unha comedia familiar na que a través de técnicas de reforzo positivo e para mellorar a autoestima dos nenos e nenas preséntase unha historia contra o acoso escolar. A compañía Redrum Teatro chega  coa súa nova montaxe, titulada “A nena que quería navegar”. A obra está protagonizada por Laura Míguez e Guillermo Carbajo, dous actores coñecidos polos seus papeis en diferentes series da Galega, e dirixida por Álex Sampayo, director tamén de series como “El Internado” e “Padre Casares”. O texto é do propio Sampayo e Borja F. Caamaño.

O proxecto que se presenta ten carácter multidisciplinar porque ademais inclúe un conto, titulado tamén “A nena que quería navegar”, e ilustrado por Rodrigo Chao, que xa está dispoñible nas librerías.

Máis información sobre Redrum Teatro, no seu perfil de Facebook » ligazón externa


A nena que quería navegar. O Porriño


Cabecera-web-ecultura.png