Teatro adultos: “Chola a it girl”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Xoves 12 de setembro. 2019
| Ás
 21:00 h.
Carpa do Roxy » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo

Teatro adultos: "Chola a it girl"

Un espectáculo da compañía ArtesaCía.

Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtuber.

A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexas para poder descubrir quen somos, qué nos gusta, qué nos divirte… e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos. Para todo isto, axudarase de videos exclusivos, proxectados con técnica de videomapping, desafíos en vivo, consellos automobilísticos e dunha gran dose musical.

Cando parece que o show envolve a escena, revélase nun descuido de Chola no medio do show un cadaleito que sae do maleteiro do coche, no que está o cadaver de Lito. A través dun diálogo Chola deixa entrever ó público un outro traballo non tan glamuroso. E é a partir de aquí onde Chola revela a súa connotación de It girl con inxenio, humor e personalidade reflexando a súa realidade imperfecta, que está fora dos canons da imaxe actual da felicidade e do que debería ter éxito virtual. Manifestando a importancia da sabedoría popular e do uso das novas tecnoloxías a través das diversas situacións nas que se pode ver unha muller adiantada respecto o tempo e a sociedade rural na que vive, polo seu inconformismo, talento, forza, e personalidade, pero tamén, pola súa busqueda incansabel de posibilidades para cultivarse e aprender, e pola súa teima e constancia por fuxir dos canons actais do que debería ser unha muller tendencia.



Teatro adultos: "Chola a it girl"


Cabecera-web-ecultura.png