Teatro adultos: “O furancho”, da Cia. Ibuprofeno Teatro

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Xoves 06 de setembro. 2018
| Ás 20:00 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo
| Patrocina: Deputación de Pontevedra

Teatro adultos: “O furancho”, da Cia. Ibuprofeno Teatro

Un espectáculo da compañía Ibuprofeno Teatro. Sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, Marián Bañobre e Isabel Risco preséntannos a súa creación: O furancho.

Dúas mulleres fortes, con carácter e desbordante personalidade, que definen á perfección a esencia enerxética e desvergonzada das pallasas: dúas iconas femininas que foron, son e serán referentes de beleza universais e fonte de inspiración para todas esas loitadoras que son quen de poñer o mundo patas arriba para lograr que os seus soños se fagan realidade.

No seu furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comunión e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.

E para quen non sexa de moito beber alcohol, no seu Furancho spa resort vitivinícola ofrecen tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Elas cruzan as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.


Teatro adultos: “O furancho”, da Cia. Ibuprofeno Teatro


Patrocinio Deptación de PontevedraCabecera-web-ecultura.png