Teatro ao aire libre. Obra: “El señor de los palillos”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Venres 6 de xullo. 2018
| Ás 20:00 h.
Auditorio exterior do Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
En caso de choiva trasladarase ao auditorio interior do Centro Cultural Municipal
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo

El señor de los palillos


Un espectáculo da compañía Commedia dell´arte.

Trátase dunha obra de teatro de estilo Commedia dell’arte, un tipo de teatro cómico típico italiano que xurdíu no século XVI. Esta obra de teatro toma como inspiración “O señor dos aneis” levándoa a un desternillante xiro no que o anel único de poder convírtese nos “palillos do mal comer”, isto motiva que Dottore, un sabichón de poucas luces, arrastre a un grupo de zannis e mais a Capitano, nunha serie de catastróficas aventuras gastronómicas para rematar co malvado Brighella e o seu plan de conquistar o mundo a base de comida asiática.

Esta obra de teatro está creada e representada polo alumnado da escola de teatro de Xerpo, o grupo de Commedia dell’arte, que procuran con este curso a súa preparación para entrar ao grupo de teatro comunitario da Sala Ingrávida.


El señor de los palillos. Cía. Commedia dell´arte

Cabecera-web-ecultura.png