Teatro. Balor na acción dunha cadeira

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 7 de maio. 2016
| Ás 20:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

Na turbación agóchase o cambio

ARTESA.CÍA, Creación escénica contemporánea. É unha compañía escénica que nace entre Galicia e New York.
Os seus compoñentes, Roi Fernández (director) e Laura Villaverde (actriz), formados artísticamente a ámbas beiras do Atlántico, determinan introducir nunha ARTESA (ese espazo onde os alimentos collen un certo regusto) os seus interrogantes sobre a tradición, a identidade, a sociedade ou o individuo.
E para macerar estas cuestións trascendentais, ArtesaCía espalla a súa levadura escénica, forxa chaves que non abren portas, senón provocan preguntas.
Nunca as pezas que saen da artesa-cía (mesturadas co Cinema en Directo, tecnoloxía multimedia, método Viewpoints ou cantigas tradicionais), son pezas consumibles, tranquilas, cómodas.

Os seus integrantes teñen un amplio currículum no marco escénico e artístico en xeneral, participando en encontros escénicos internacionais en Edimburgo (Escocia, UK), Mostra Internacional de teatro de Ribadavia (España), The Kitchen (NYC, USA), the Dance Theatre Workshop (NYC, USA), e o recente encontro de teatristas experimentais iberoamericanos en San Juan (Puerto Rico),  e a Xira por Colombia , onde se  representou  o espectáculo “Uvas de collón de ghalo”.

 É de destacar o continuo traballo da súa actriz principal, Laura Villaverde, nos workshops é procesos creativos da SITI Company de Nova York, dirixida pola célebre directora Anne Bogart.

 Asímesmo, o director Roi Fernández conta cun extenso bagaxe na performance, teatro experimental e creación audiovisual, creando escenografías para o Centro Dramático Galego e especializándose recentemente na Dirección Cinematográfica pola City College de Nova York.

Máis información sobre “Balor na acción dunha cadeira”, na súa web » ligazón externa
Máis información sobre ARTESA.CÍA, na súa web » ligazón externa


Logos patrocinioCabecera-web-ecultura.png