Teatro: Cling!

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 11 de xuño. 2017
| Ás 20:30 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Aforo limitado

Trécola Teatro: Cling!

Un espectáculo da compañía Trécola Teatro. Circuito Galego de Teatro Amador.

Do autoabastecemento ao troco. Do troco á moeda… A historia do home vencellada ás relacións comerciais. Cling: a historia dunha moeda desde a noite dos tempos ata a actualidade, en clave de sketchs cómicos para o público familiar.

Trécola Teatro é un grupo de teatro afeccionado radicado na cidade de Ourense, nacido no ano 2004. Os seus integrantes son: María Díaz, Ledicia Álvarez, Uxía Pérez, Alfonso Míguez e Tegra. A formación de todos eles comeza na Aula de Teatro Universitaria da Universidade de Vigo, Campus de Ourense Maricastaña, complementando ésta con cursos de diversa índole ao longo de todos estes anos. O traballo da compañía baséase en montaxes teatrais que abranguen distintos estilos e teñen como obxectivo a público moi diverso: desde teatro de actor para adultos e para público infantil a teatro de rúa, animacións teatrais, contacontos ou performances…

O Circuíto Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado, chega ao Porriño coas representacións impulsadas por compañías de afeizoados os días 9, 10, 11, 16 e 17 de xuño, no Centro Cultural Municipal, ás 20:30 horas.

Máis info sobre Trécola Teatro no seu blogue » ligazón externa
Máis info sobre Trécola Teatro no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Circuíto Galego de Teatro Amador


Cabecera-web-ecultura.png