Teatro. Emperador, que pensas?. Fala!

| 11 de xuño. 2016
| Ás 20:30 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

Comedia de enredo con reminiscencias plautinas

Unha obra da compañía Hipócrita Teatro.

O imperio romano está en decadencia e o emperador Galerio ven refuxiarse á afastada cidade de Lucus Augusti. Entre as súas robustas murallas, Galerio séntese a salvo. Pero unha estraña enfermidade, unha esposa ambiciosa, un anfitrión que quizabes non é o que aparenta, unha filla caprichosa… perturban a súa tranquilidade. O  inimigo sempre está máis preto do que un sospeita.

Máis información sobre “Emperador, que pensas?. Fala!”, no seu blogue » ligazón externa
Máis información sobre Hipócrita teatro, no seu blogue » ligazón externa


O Circuíto Galego de Teatro Amador organízase ó abeiro do Convenio de Colaboración Cultural asinado coa Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. 
A organización deste Circuíto permite que localidades  das catro provincias galegas oferten unha programación teatral e que os grupos de teatro federados poidan amosar a súas montaxes en localidades distintas da súa. A colaboración entre asociacións teatrais e institucións públicas contribúe, deste xeito, á dinamización social e cultural do país.

Máis info sobre a  Federación Galega de Teatro Afeccionado, no seu blogue » ligazón externa


Cartel_Circuto_Galego_Teatro_Amador


Cabecera-web-ecultura.png